Sede electrónica Concello de Frades

19:51:00 Xoves 28 de marzo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa para a colocación de rótulos e carteis

Queda suxeita ao réxime de comunicación previa a colocación de rótulos e carteis. Quen promove comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Comunicación Previa para a colocación de rótulos e carteis.
  • En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada, coa autorización escrita desa última ou copia do poder para actuar en representación.
  • Descrición suficiente das características do acto de que se trate cun esbozo ou descrición gráfica.
  • No seu caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do persoal técnico ou facultativo que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.
  • Orzamento detallado.
  • Copia das restantes autorizacións e, no seu caso, concesións administrativas cando fosen legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de haberse solicitado o seu outorgamento.

Nome: Solicitude de comunicación previa para colocación de rótulos e carteis.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.