Sede electrónica Concello de Frades

19:30:50 Luns 30 de marzo 2020
Estás en:

Información

Frades inaugura a Sede Electrónica do Concello.

26/02/15

Frades inaugura a Sede Electrónica do Concello, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet. Frades dá o salto cara a unha administración sen papel.

 

Mediante a súa identificación con DNI ou certificado electrónico, o usuario poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: consultar o estado dun trámite, obter o seu volante de empadroamento, consultar os seus expedientes, representar a outra persoa na presentación de instancias, realizar unha serie de trámites telemáticos regulados e presentar calquera outra instancia ou solicitude a través do rexistro electrónico.

Frades cumpre así plenamente a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o "dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións públicas por medios electrónicos" e "a obrigación das Administracións Públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo".